CocoHub

Google Review

Review of iSlow Coliving

Iago Fraga

Iago Fraga

Estiven 15 días neste coliving e a experiencia non puido ser mellor. A casa é impresionante, a 5-8 min a pe de Laxe e cuns arredores e paseos xeniales. O meu lugar favorito da casa foi a cociña-comedor porque é o sitio no que máis tempo acabei pasando (case máis que no meu sitio de traballo). A cociña ó final é onde máis coincides coa xente, podes facer comidas en común ou simplementr falar e tomar café nas pausas do traballo co resto de colivers. Gustoume tamén moitísimo que teñen 2 salas de coworking unha abaixo silenciosa e arriba outra na que facer reunións onde estiven eu todo o tempo polo traballo que fago. E dende a ventana vese Laxe e o mar o cal facía unhas vistas moi chulas "de oficina temporal". Con todo e con iso o mellor da casa son Inés e Julio (os que levan o coliving) que de 10! Son super-atentos e fixeron todo facilísimo, desde explicarnos todo o primeiro día ata estar atentos a que estivesemos ben en todo momento. E ó final nótase no ambiente.